MENÚ

Coñece os Días Azuis do comercio galego

A campaña "Días azuis do comercio galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 16 e o 30 de xuño de 2017 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 16.000 euros en premios, distribuidos en 8 tarxetas prepago regalo de 500 euros (2 por provincia), 20 tarxetas de 300 euros (5 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo realizarase ante notario o 5 de xullo de 2017.

Os teus clientes poden participar de 3 maneiras diferentes:

  • Enviando un SMS coa palabra DIASAZUIS, seguido do nome e apelidos, ao teléfono 981 099 093 (coste do SMS segundo a tarifa contratada co seu operador).
  • Rexistrando a súa compra na páxina web www.diasazuis.com
  • Ou coa túa colaboración, comerciante, a través desta mesma páxina web www.diasazuis.com/comercios, onde, previo rexistro do teu comercio, podes rexistrar directamente a operación de compra dos teus clientes. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.

* En tódolos casos, o cliente debe fotografiar e/ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Premios ABANCA para os comercios

Paralelamente á campaña dirixida aos clientes, ABANCA realiza un sorteo entre todos os comercios que facturen compras con TPV ABANCA (tanto con tarxetas propias como alleas) ou realicen operacións de financiamento de compra APLAZOS nas datas comprendidas entre o 16 e o 30 de xuño do 2017.

Por cada 100€ de facturación, o comercio obterá unha participación.

Sortearanse 4 premios de 1000 euros (1 premio por provincia). O sorteo terá lugar por parte de ABANCA antes do 5 de xullo de 2017 e os premios ós comerciantes entregaranse no acto final da presente campaña.

 

Podes consultar calquera dúbida ó respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es.