MENÚ

Coñece os Días Azuis do Comercio Galego

A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña tivo lugar entre o 7 e o 30 de Xuño de 2021 e nela poideron participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que mercaron nesas datas. Entre eles sorteáronse 12.000 euros en premios, distribuidos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2022. O sorteo realizouse o 5 de Xullo de 2021.

Para participar na campaña, proporcionamos 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.diasazuis.com
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistrase a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios. Deste xeito, tú como consumidor obterías unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, ti como cliente debías fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios foron contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando sería entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicáronse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es.