"DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO" é unha campaña promocional e publicitaria, promovida e organizada pola Federación Galega de Comercio e a VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA - CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN, coa colaboración de ABANCA. Esta última entidade aporta os premios a sortear nesta campaña, consistentes en TARXETAS PREPAGO polos importes que se especificarán no apartado de "premios", e que deberán ser utilizadas de novo polos agraciados para mercar no comercio de proximidade galego.
A "Edición Verán 2022" desta campaña promocional iniciarase o 23 de xuño de 2022 e rematará o 17 de xullo de 2022, ambos engadidos. O ámbito da campaña é autonómico, podendo participar consumidores/clientes do pequeno comercio retallista das catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, segundo a mecánica de funcionamento que se detalla nas presentes bases.
O obxectivo fundamental da campaña é incrementar as vendas e incentivar o consumo no comercio retallista de Galicia.
Trátase dunha campaña “aberta”, na que poderán participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra por calquera importe en comercios retallistas galegos, sempre e cando a compra se realice durante as datas de duración da campaña. Isto é, do 23 de xuño ao 17 de xullo de 2022, ambos engadidos. Non poderán participar nesta campaña/sorteo os traballadores da Federación Galega de Comercio, así como tampouco familiares ata segundo grao dos mesmos.
Así pois, os consumidores ou clientes que merquen no pequeno comercio retallista galego nas datas sinaladas (entre o 23 de xuño e o 17 de xullo de 2022, ambos engadidos), e desexen participar na campaña, deberán en todo caso conservar o ticket da compra realizada no comercio tradicional, ou fotografía do mesmo, a fin de dispoñer dun xustificante, SENDO AS MODALIDADES DE INSCRIPCIÓN E REXISTRO DA COMPRA REALIZADA AOS EFECTOS DE PARTICIPAR NO SORTEO, AS DÚAS SEGUINTES:
(I) O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo a través da plataforma/dirección web habilitada a tal efecto e denominada www.diasazuis.com, efectuando o correspondente rexistro da operación de compra realizada no comercio tradicional retallista, que lle dará dereito a 1 participación no sorteo. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra realizada e o cliente ou consumidor. So poderán facer un rexistro por operación de compra, e cada operación de compra rexistrada, equivale a 1 participación. Cantas máis compras fagan no pequeno comercio, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.
(II) Outra modalidade de rexistrarse para participar nesta campaña/sorteo será contando coa colaboración activa do comerciante retallista (modalidade de participación a realizar exclusivamente no establecemento comercial), e a través do espacio da plataforma habilitado a tal efecto denominado www.diasazuis.com/comercios, debendo quedar así mesmo perfectamente rexistrada a operación de compra no comercio tradicional, así como plenamente identificado o consumidor/cliente. Esta modalidade dá ó consumidor/cliente a posibilidade de obter 2 participacións no sorteo por cada operación de compra rexistrada deste xeito
Sinalar que quedan excluídos de participar no sorteo todos os tickets de compras efectuadas en establecementos incluidos no Sistema Nacional de Pago baixo calquera dos seguintes Códigos de Actividade Interbancaria: Alcampo (1387, 1524, 2387, 2524, 5335), Carrefour (1386, 1389, 1423, 1525, 2386, 2525) El Corte Inglés (5959), Hipercor (5338), Eroski (1388, 1415, 1416, 1417, 1446, 1529, 2388, 2529). Do mesmo xeito, excluiranse os tickets de compras realizadas en gasoliñeiras: Alcampo Gasoliñeiras, Consum Gasoliñeiras, CEPSA, Agip, BP Oil, Retail Operating Company, Makro Gasoliñeiras, Leclerc Gasoliñeiras, Corp. Alim. Guissona Gasoliñeiras, Bon Preu Gasoliñeiras, Uvesco Gasoliñeiras, Eroski Gasoliñeiras, Repsol, Campsa, así como calquera outra gasoliñeira e a venda de combustible a domicilio.
O SORTEO terá lugar ante notario en data de 21 de xullo de 2022, ás 12.00 horas, na sede da FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO. A realización do sorteo terá lugar de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata rematar a totalidade de premios/tarxetas prepago dispoñibles para sortear nesta campaña.
A realización telemática do sorteo polo sistema referido, non será aberta ao público, sendo o resultado do mesmo comunicado aos agraciados polos medios que determine a organización, e que permitan deixar constancia da notificación realizada fehacentemente.
OS PREMIOS A SORTEAR NESTA CAMPAÑA consistirán en TARXETAS PREPAGO de ABANCA, debidamente personalizadas coa imaxe da campaña, e que os consumidores que resulten agraciados, deberán utilizar para realizar novas compras única e exclusivamente no comercio tradicional galego, quedando expresamente excluidos os códigos de actividade interbancaria recollidos no apartado 3 das bases, así como as gasoliñeiras. Deste xeito, cúmprese o fin último da campaña de incentivar o consumo e incrementar as compras no pequeno comercio retallista.
O NÚMERO TOTAL DE TARXETAS PREPAGO QUE SE SORTEARÁN NAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS E OS IMPORTES RESPECTIVOS DAS MESMAS, SERÁN OS SEGUINTES:
(I) 24 TARXETAS PREPAGO POR VALOR DE 250 EUROS CADA UNHA DELAS (6 TARXETAS POR PROVINCIA)
(II) 40 TARXETAS PREPAGO POR VALOR DE 150 EUROS CADA UNHA DELAS (10 TARXETAS POR PROVINCIA)
O IMPORTE TOTAL DAS TARXETAS PREPAGO A SORTEAR NAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS É DE 12.000 EUROS. O prazo de caducidade da totalidade das tarxetas prepago será ata o 30 de xuño do 2023, engadido. Polo tanto, todas as tarxetas regalo poderán ser utilizadas única e exclusivamente no pequeno comercio, e soamente ata a data límite indicada previamente (30 de xuño de 2023).
Os premios enténdense como cantidades brutas, suxeitas ás retencións que establece a lei vixente no seu caso; polo tanto, dita retención aplicarase automáticamente nos supostos que proceda.
O consumidor/cliente rexistrado na campaña, poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cunha destas tarxetas prepago, xa non poderá optar a ningunha máis na mesma edición, podendo obter polo tanto cada consumidor unha única tarxeta prepago do importe que corresponda.
Así mesmo, só poderá saír un premio por establecemento comercial participante. Isto é, que no caso de que nun mesmo establecemento comercial xa resultara premiado un dos seus clientes cun ticket de compra feita no mesmo, e de novo resultase agraciado un novo cliente dese mesmo establecemento con outro ticket de compra realizada neste mesmo comercio; neste caso, pasarase ao suplente correspondente (e así sucesivamente), de tal forma que se distribúan os premios máis equitativamente, e se dean máis oportunidades para que tódolos cliente de tódolos establecementos participantes poidan ter a opción de obter un agasallo.
RESERVAS:
No mesmo acto de realización do SORTEO TELEMÁTICO, ademáis dos elexidos como agraciados en primeiro lugar, e empregando o mesmo sistema, serán elexidos tamén aletatoriamente o seguinte número de reservas, para o caso de que algún dos premiados non cumpra as condicións ou requisitos desta campaña detallados nas presentes bases reguladoras:
- 12 RESERVAS PARA AS TARXETAS PREPAGO VALORADAS EN 250 EUROS.
- 20 RESERVAS PARA AS TARXETAS PREPAGO VALORADAS EN 150 EUROS.
A ENTREGA DAS TARXETAS PREPAGO AOS AGRACIADOS NESTA CAMPAÑA será realizada na modalidade que acorde a organización unha vez realizado o sorteo, sendo todos os agraciados fehacientemente notificados a tal fin, mediante comunicación persoal.
En calquera caso, comunicaráselles aos agraciados previamente e coa antelación suficiente no seu caso, os lugares, datas e horas de realización dos actos de entrega dos premios; ou a modalidade aternativa que se decida, cumpríndose en todo momento no acto de entrega con todas as normas sanitarias e de protección da saúde vixentes nese momento. No caso de que algún agraciado non se presente a recoller o premio correspondente, unha vez notificado fehacientemente e convocado a tal efecto, entenderase que renuncia ao mesmo a tódolos efectos, salvo que o agraciado xustifique a súa ausencia ante a organización por causa de forza maior allea a súa responsabilidade.
A entidade organizadora realizará todos os trámites pertinentes para a comunicación previa desta campaña ao servizo de XOGOS, encargándose asimesmo da liquidación das pertinentes taxas perante Facenda Autonómica (12% do valor económico total do sorteado).
Estas bases serán depositadas ante NOTARIO, e asimesmo, estarán a disposición de tódolos consumidores interesados en participar e que desexen consultalas, na páxina web www.diasazuis.com
A mera participación nesta campaña supón a plena aceptación destas bases, así como a aceptación de tódolas condicións e requisitos recollidos nas mesmas a tódolos efectos.
De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de Abril do 2016, así como na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos personais e restante normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados polo titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO, CIF G27170158, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fgc@comerciogalicia.es. Este ficheiro estará depositado e almacénarase pola empresa: CDMON, con domicilio en Malgrat de Mar, 08380 de Barcelona, c/ Girona 81-83, Local 6, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable.
Que a lexitimación para a obtención destes datos ven dada, pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con tódalas garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.
A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, que coñece e acepta o contido destas bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma.
O titular dos datos subministados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fgc@comerciogalicia.es, na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar. O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.
A Federación Galega de Comercio resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como o de suspender a campaña/sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
A continuación inclúese a política de privacidade e protección de datos que complementa o Aviso Legal do sitio web http://www.diasazuis.com
FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO (en adiante, FGC) quere dar a coñecer mediante o presente texto, cáles son os criterios e regras que dita entidade pode operar a través da presente páxina web, seguen respecto a utilización dos datos persoais que calquer usuario facilite durante o uso da mesma ou de outros servizos vinculados.
De conformidade co disposto no Reglamento da UE 2016/679 de 27 de Abril do 2016, así como na Lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos personais e restante normativa estatal de aplicación no seu caso, infórmase que os datos subministrados polo titular dos mesmos aos efectos de participar nesta campaña, serán incorporados a un ficheiro ou rexistro privado e confidencial, do que é titular e responsable a entidade FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO, CIF G27170158, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fgc@comerciogalicia.es Este ficheiro estará depositado e almacénarase pola empresa: CDMON, con domicilio en Malgrat de Mar, 08380 de Barcelona, c/ Girona 81-83, Local 6, entidade que cumprirá asimesmo con tódalas garantías de confidencialidade e con tódalas obrigas derivadas da normativa de protección de datos aplicable.
FGC comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os datos de carácter persoal dos usuarios desde portal, facendo uso dos mesmos exclusivamente para as finalidades indicadas, e infórmalles que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos seus datos e evitar a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, habida conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou dun medio físico ou natural.
A lexitimación para a obtención destes datos ven dada, pola necesidade de contar cos mesmos para poder participar nesta campaña/acción promocional ou publicitaria, sendo tales datos tratados con tódalas garantías, e coa única finalidade de dar saída e cumplimentar os fins e obxectivos propios da campaña, e serán ditos datos conservados polo responsable do ficheiro durante o periodo de duración de dita campaña.
A través da súa participación nesta campaña, o titular dos datos cedidos para a mesma, que coñece e acepta o contido das bases, presta o seu consentimento e autoriza expresamente a que tales datos básicos de identificación facilitados a tal fin, así como as imaxes tomadas no seu caso dos actos da campaña, poidan ser publicitados/as en medios de comunicación, redes sociais etc, todo elo a efectos única e exclusivamente de divulgar e publicitar dita acción promocional. Asimesmo autoriza a que os datos sexan cedidos a terceiras empresas relacionadas coa entidade organizadora, aos únicos e exclusivos efectos de dar cumprimento aos fins da campaña en canto a divulgación, publicidade e promoción da mesma
O titular dos datos subministados, poderá exercer en calquera momento, os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión, limitación do tratamento, oposición ao seu tratamento, portabilidade, esquecemento, e todos aqueles recollidos na normativa aplicable, por medio de comunicación escrita dirixida a FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO, Ronda da Muralla, nº 52, entrechán dereita, 27002 de Lugo; teléfono 982255120, e-mail fgc@comerciogalicia.es, na cal conste expresamente e se especifique o dereito que desexa exercitar. O titular ten dereito tamén a reclamar ante a autoridade de control en materia de Protección de Datos, no caso de que considere que se vulneraron os seus dereitos nesta materia ou non obtivera satisfacción no exercicio dos mesmos.
Con carácter xeral, os datos de carácter persoal proporcionados polos usuarios serán utilizados para a súa participación na campaña "DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO" (en adiante CAMPAÑA), atender as súas solicitudes e consultas, facilitarlle información sobre contidos ou recursos desde sitio web. Determinados servizos prestados a través do sitio web poden conter previsións específicas en materia de protección de datos persoais, sendo as finalidades de recollida dos seus datos as que particularmente se indiquen no formulario correspondente, polo que será indispensable a súa lectura e aceptación con carácter previo á solicitude do servizo de que se trate. A non cumplimentación dos campos obrigatorios que aparecen en calquer formulario poderá ter como consecuencia a non participación na CAMPAÑA. En caso de que a través dos citados formularios, nos facilite datos de carácter persoal de terceiros, previamente á súa inclusión deberá informar aos mesmos dos extremos establecidos nos párrafos anteriores, absténdose de incluilos e non obter o seu consentemento.
(I) Teléfonos, direccións electrónicas de contacto e funcionalidades análogas: a finalidade do tratamento dos datos recabados a través destes medios será a de atender as consultas e solicitudes de información que plantexen os usuarios e enviarlles información sobre a CAMPAÑA ou os servizos ofertados por FGC que poidan ser do seu interese, incluso a través de medios electrónicos.
(II) Redes sociais: FGC conta con perfil nas principais redes sociais de Internet tales como Facebook, Twitter, Pinterest, Instagram ou Google+. FGC será responsable do tratamento dos datos dos seguidores, fans ou subscriptores (en adiante seguidores) aínda que limitado en todo caso, ao que cada red social permita ao seu perfil corporativo. Desta forma, poderá informar aos seus seguidores a través de calquer medio das novedades ou novos productos ou servizos, ademáis de facilitar un trato persoalizado aos seus usuarios e contactos. En ningún caso FGC extraerá datos das redes sociais a menos que, de forma puntal, obtivérase expresamente o consentemento do usuario para elo.
(III) Enlaces a terceiros: a través desde sitio web, e coa finalidade de proporcionar información e facilitar a xestión de servizos, o usuario ou cliente pode acceder a través de enlaces a sitios web de terceiros. Sen embargo, FGC non terá acceso á información confidencial que o cliente facilite a ditos terceiros.
(IV) Datos de menores: para poder utilizar esta web de forma activa é necesario ter alo menos 18 anos, polo que se prohíbe a participación de menores desta idade. En caso de duda sobre a idade dun usuario, FGC poderá solicitar a verificación da mesma a través de calquer medio válido en dereito.
O presente aviso legal regula o uso dos servizos do portal de Internet (en adiante, o sitio web): http://www.diasazuis.com
FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO (en adiante FGC) con domicilio social en Ronda da Muralla, nº52, Entrechan dereita, 27002 – Lugo (Lugo) e CIF G-27.170.158, inscrita no Rexistro Mercantil de Lugo, como titular do sitio web, pon este portal a disposición dos usuarios de internet como un método de participación na campaña "DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO".
As presentes condicións regulan o uso do servicio do sitio web relacionado que FGC pon gratuitamente a disposición dos usuarios de Internet. A utilización do sitio web atribúelle a condición de usuario do mesmo e supón a plena aceptación e sen reservas de todas e cada una das disposicións incluidas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo no que o usuario acceda ao sitio web, así como da nosa Política de Privacidade e tratamento de datos persoais.
Este sitio web foi creado co obxectivo de informar os usuarios acerca da campaña "DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO" e permitir a súa participación na mesma.
Tanto o sitio web como calquera tipo de micrositios ou redes sociais asociadas poden conter artículos, noticias, comentarios ou valoracións sobre diferentes temas que a FGC poida considerar do seu interese, e cuyo contido reflexa únicamente a opinión ou criterio dos seus autores.
FGC resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións dos servizos e da información contida nos sitios web, da configuración e presentación destos. Tanto o acceso á web como o uso que poida facerse da información contida na mesma e da exclusiva responsabilidade de quen o realiza.
FGC non garantiza a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento deste sitio web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que éste se atope permanentemente actualizado. Non obstante, cande sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento do sitio web e dos servizos nel ofercidos. Neste contexto, FGC declina calquer responsabilidade polos posibles danos e perxuicios de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos servicios ofrecidos a través do mesmo.
FGC non se fai responsable do uso ou destino que den os usuarios á información proporcionada a través do sitio web ou de calquera dos seus servizos, nin dos comentarios, opinión e ideas que se difundan desde as redes sociais nas que FGC conte con perfil ou outras ferramentas participativas postas a disposición dos usuarios. Neste sentido, FGC non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en redes sociais ou calesquera outros medios que permitan a terceiros publicar contidos de forma independente neste sitio web.
FGC non se responsabilizará, nin directo nin indirectamente, dos danos e perxuicios de calquera natureza que se poidan producir ao sistema informático do usuario (tanto hardware como software) ou aos documentos almacenados no mesmo, como consecuencia do acceso do usuario a este sitio web, debidos a virus informáticos, avarías, ou causas alleas a FGC. Tampouco será responsable da utilización da información contida no sitio web, así como da falta de veracidade ou exactitude do seu contido.
Os usuarios serán os únicos responsables da realidade de tódolos datos que comuniquen a través do sitio web ou redes sociais asociadas, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial das claves que poidan facilitárselles por FGC para o acceso a servicios ou productos. En consecuencia, os usuarios son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calesquera identificadores e/ou contrasinales que lles sexan suministradas por FGC e obríganse a non ceder o seu uso a terceiros nin a permitir o seu acceso a persoas alleas. Os usuarios obríganse a notificar asimismo de forma inmediata á FGC calquera incidencia que poida suponer o uso indebido dos referidos identificadores (roubos, extravíos…) co fin de proceder a súa cancelación. Mentres non se comuniquen tales feitos, FGC quedará eximida de calquera responsabilidade que puidera derivarse do uso indebido dos identificadores ou contrasinales por terceiros non autorizados.
Dende este sitio web, facilítase o acceso, mediante enlaces, a outras páxinas web que poidan ser de interese para os usuarios co único obxectivo de facilitar a búsqueda de recursos a través de internet, é dicir, con finalidade meramente informativa sen que en ningún caso supoña suxerencia, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Ditas páxinas xestionadas por terceiros, non pertencen á FGC nin ésta fai revisión dos seus contidos, polo que non se responsabiliza da calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivase do seu acceso ou uso.
A FGC poderá establecer condicións particulares de obrigado cumplimento que regulen a utilización e/ou contratación de productos ou servizos específicos ofrecidos aos usuarios a través do sitio web. Por esto, antes de utilizar e/ou contratar ditos productos ou servizos específicos o usuario deberá ler atentamente as correspondentes condicións particulares xa que a utilización e/ou contratación de ditos productos ou servizos específicos implican a aceptación das mesmas na versión publicada por FGC ou a entidade correspondente, no momento no que se produza dita utilización e/ou contratación.
A participación do usuario en redes sociais as que estea vinculado este sitio web, ou en calquera outro servizo ofrecido polo mesmo, implica a adhesión plena e sen reservas ás presentes condicións, reservándose a FGC o dereito a denegar ou retirar o acceso aos mesmos de oficio ou a instancia dun terceiro, sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que incumpran as mesmas. As redes sociais e demáis servizos pretenden ser una ferramenta dixital gratuita que FGC pon a disposición dos visitantes deste sitio web para a difusión de información relacionada coas súas respectivas actividades empresariais, e que permiten a inclusión de valoracións e comentarios relativos aos seus contidos. Debido á finalidade propia de ditas ferramentas, aqueles contidos que non se axusten ás temáticas propostas poderán ser moderados, bloqueados ou eliminados. Asimesmo, retirarase calquer comentario ofensivo, violento, discriminatorio ou que puidera perturbar o funcionamento normal da ferramenta. En especial prohíbese a publicación de promocións e enlaces a ofertas comerciais, así como a captación de datos con finalidade publicitaria. Se un usuario fose afectado por actuacións ilegais ou que contraveñan as presentes condicións, ou detecte un mal uso das ferramentas dixitais da web por parte de outros usuarios, poderá poñelo en coñecemento da FGC a través de info@comerciogalicia.es, para que éste poida moderar ou eliminar os mesmos. En calquera caso, FGC non se responsabiliza dos comentarios incluidos polos usuarios que únicamente expresan a opinión do seu autor. En atención á normativa en materia de protección de datos, previamente a dar difusión a través destas ferramentas a datos de carácter persoal de terceiros, especialmente información fotográfica ou audiovisual, deberá contar co consentemento dos seus titulares, absténdose de incluir a referida información en caso contrario. En calquera caso, recomendase aos usuarios ter especial coidado á hora de publicar ditos contidos, para evitar poner en risco a privacidade e intimidade de persoas do seu entorno, así como non publicar información de contacto físico, que permita a calquer persoa coñecer ónde vive, ónde traballa ou estudia diariamente, ou os lugares de ocio que habitualmente frecuenta. Asimesmo, os usuarios deberán utilizar e publicar únicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes.
Todo o contido disponible no sitio web (textos, gráficos, vídeos, imáxes, logos, iconos, clips de audio, recopilacións de datos e software, marcas, nomes comerciais, etc.) son propiedade da Federación Galega de Comercio ou das restantes entidades organizadoras ou colaboradoras da campaña "DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO", ou atópase lexítimamente explotado en virtude de acordos ou licencias de uso, e está protexido polas leis de Propiedade Intelectual e Industrial, polo que non se permite a reproducción e/ou publicación, total ou parcial da web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, comunicación pública, nin a súa modificación ou transformación, sen o permiso previo e por escrito do responsable do sitio web. En ningún caso entenderase que o acceso e navegación do usuario implica unha renuncia, transmisión, licencia ou cesión total nin parcial de ditos dereitos por parte da Federación Galega de Comercio. O material facilitado a través dos mesmos sólo poderá ser utilizado para uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incurrir en actividades contrarias á ley.
O usuario obrígase a usar o sitio web de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprometerse a absterse de:
- A realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calesquera outros mecanismos que alteren o diseño, configuración orixinal ou contidos da web.
- Suprimir, eludir ou manipular datos de rexistro, marcas e demáis datos identificativos dos dereitos da FGC ou dos seus titulares, incorporados aos contidos e/ou servizos ofertados desde a web, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquer mecanismo de información que puideran conter os mesmos.
- Empregar os contidos e en particular, a información da FGC obtida a través da súa web para remitir publicidade, comunicación con fins de venta directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, ou mensaxes non solicitados dirixidos a unha pluralidade de persoas.
- En xeral, empregar os contidos de forma, con fins ou efectos contratios á lei, á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas ou ó orde público.
- Usar, reproducir, copiar, distribuir, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou levar a cabo calquera actividade similar ou análoga sobre os contidos da web e portáis vinculados, sen que medie previa e expresa autorización da FGC.
Federación Galega de Comercio autoriza a reproducción total ou parcial dos textos e contidos proporcionados na web sempre que concurran todas e cada unha das seguintes condicións:
- Mantéñase a integridade dos contidos, documentos ou gráficos.
- Cítese expresamente á FGC como fonte e orixe de aqueles.
- O propósito e a finalidade de tal uso sexa compatible cos fins da web e/ou a actividade da FGC.
- Non se pretenda un uso comercial, quedando expresamente prohibidas a súa distribución, comunicación pública, transformación ou descompilación.
Calquera outro uso haberá de ser comunicado e autorizado por FGC, previa e expresamente.
Os datos persoais que se recaben a través do sitio web serán tratados en todo momento de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, tal e como se detalla na Política de Privacidade.
As cuestión relacionadas co uso deste sitio web ou os seus contidos rexiránse e serán interpretadas, en todos e cada un dos seus extremos, conforme ao presente Aviso Legal e á lexislación española, someténdose as partes, para calquer xestión litigosa derivada dos mesmos, á xurisdicción e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais da cidade de Lugo (Lugo - España) salvo nos casos en que non esté legalmente permitido, con renuncia de forma expresa a calquera outro fuero que puidera corresponderlles.